O programa “Violencia Zero” da Deputación chega a Baiona cun espectáculo de danza

Baiona será o escenario o martes 23 de xullo, ás 21:00 horas, dunha nova intervención artística do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra. A acción desta cuarta edición realizarase nos Xardíns da Casa da Navegación e terá como protagonista a Marta Alonso Tejada co espectáculo “Bailar agora”.

É un punto de partida e unha investigación de movemento. “Bailar agora” propón unha parada no corpo para detectar como ten instalado nel o paso do tempo. Para situar como se ve afectado polas experiencias, as presións sociais e o contexto. Unha revisión sobre o vivido e o presente. Aquí e agora un corpo de muller de 35 anos que se recoñece e se baila.