Iván Davila xa está de volta en casa

Iván Davila Alonso, desaparecido desde o pasado martes en Gondomar, foi localizado en bo estado. O mozo de 19 anos, do barrio de Prado en Morgadáns, xa se atopa na casa coa súa nai san e salvo. Regresou ao seu domicilio na tarde deste domingo e volverá ocupar o seu posto de traballo como camareiro no Bar Robledo, onde lle vemos xunto á súa nai (na foto). A Asociación SOS Desaparecidos xa desactivou a alerta de procura. A familia agradece a todas as persoas que dunha ou outra forma estiveron ao seu lado, compañeiros de traballo, amigos e veciños.