Sabarís celebra as festas de Santa Cristina

A parroquia baionesa de Santa Cristina da Ramallosa celebra os días 23, 24 e 25 de xullo as festas na honra da súa patroa.

O martes 23 ás 20:00 horas celebrarase a Misa Solemne na honra de Santa Cristina cantada pola Coral de Belesar. A continuación sairá a procesión desde a Igrexa ata o Torreiro de Festas, acompañada pola Banda de Música Xuvenil de Xinzo, que ofrecerá un concerto ás 19:00 horas. Pola noite, a orquestra Xacobeo e o grupo Noche de Estrellas amenizarán a verbena.

O mércores 24 ás 12:00 do mediodía comezará unha Misa Solemne na honra de Santa Cristina cantada pola Coral Unión Musical de Valladares, seguida de procesión acompañada pola Banda de Música de Redondela, que ofrecerá un concerto ás 19:00 horas. Pola noite, a verbena estará a cargo das orquestras Triunfo e Magos.

O xoves 25 ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne cantada pola Coral Novos Aires de Nigrán. Pola noite, a última verbena estará amenizada polas orquestras Ritmo Noche e Venecia.

Anuncios