
O Concello de Nigrán mantén aberto o prazo de inscrición para catro cursos gratuítos dirixidos prioritariamente a mulleres empadroadas en Nigrán e desempregadas. Estes inclúen prácticas laborais en empresas. As interesadas deberán presentar o formulario de inscrición no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica, acompañada da documentación pertinente. Todos forman parte da formación ofrecida polo Concello a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) e grazas ao Programa FORMA-T.
O programa inclúe as seguintes accións formativas:
- Mobilización e cambios posturais de persoas dependentes con 20 horas de duración. Data de inicio: 26/09/22.
- Necesidades educativas especiais a través do ocio con 25 horas de duración. Data de inicio: 03/10/22.
- Administración electrónica con 15 horas de duración. Data de inicio: 04/10/22.
- Iniciación á informática con 20 horas de duración. Data de inicio: 17/10/22.
Para máis información poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres no teléfono 986383081 ou no correo electrónico: cim@nigran.org.