A baionesa Iria Ludeña, subcampioa galega de pista xunto coa súa compañeira Irea Alonso

A baionesa Iria Ludeña disputou este sábado o Campionato Galego de Pista, a súa primeira toma de contacto coa velocidade, dado que a pista sen regatas moito máis rápidas onde dosificar as forzas e deixar algo para o sprint final é primordial. Na proba de K1 1000, despois de remar a contrarreloxo, clasificouse para a final A, quedando nun máis que meritorio 5° posto, isto na xornada matinal.

Xa na xornada de tarde era a quenda das embarcacións de equipo, clasificándose tamén para a final A en a modalidade de K2 1000, formando parella coa súa compañeira de club, a tudense Irea Alonso, conseguindo esta vez entrar en 2° posición e así alzarse co subcampeonato galego da categoría Infantil B. O campionato disputouse na pista David Cal, no Complexo Deportivo de Verducido, coa participación de 35 clubs chegados de todas as partes de Galicia.

2019-07-21 - subcampeona gallega de pista K2 1000 2019

Anuncios