O concello de Nigrán vén de rematar a instalación dos “recolle-cabichas” nas praias de Patos, Area Fofa, A Madorra, Panxón e Lourido. O obxectivo desta campaña é que os fumadores sexan máis conscientes do dano que sofren os areais e o medio ambiente si deixamos as “cabichas” soterradas na praia.
A construción dos máis de 20 “recolle-cabichas” foi levada a cabo polos alumnos do obradoiro de carpintería do Centro de Educación Especial Juan María, o que fai que a campaña non só teña un obxectivo medioambiental senón tamén de integración.
“Dende o Concello de Nigrán, e despois do éxito da campaña #SanXoanSenLixo, estamos convencidos que a concienciación social leva implicación dos cidadáns no respecto á natureza é moito máis efectiva que a prohibición”, sinala o alcalde, Juan González.

