Concello de Gondomar e Colexio de Arquitectos de Galicia estudan futuras formas de colaboración

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado pola edil de Urbanismo, Iria Lamas, e a arquitecta municipal, reuníronse este martes co presidente da delegación do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) de Vigo, Manuel Martínez, a tesoureira, Sonia Alvarado, e o vogal da delegación viguesa de arquitectos Antonio Davila Alonso.

Trátase dunha primeira toma de contacto tras a constitución oficial do goberno local de Gondomar, que coincide ademais coa renovación de cargos dentro do Colexio de Arquitectos. Encontro que ademais serviu para sentar as bases de futuros ámbitos de colaboración.

Neste sentido expúxose a posibilidade de colaborar nun futuro a través da elaboración de convenios para a convocatoria de concursos de ideas en intervencións municipais da localidade. Sobre a mesa baralláronse diferentes proxectos a desenvolver tanto en espazos urbanizados de Gondomar como en edificios públicos municipais.

Os participantes no encontro coincidiron á hora de sinalar a idoneidade deste tipo de concursos por facilitar as diferentes opcións de actuación que se poden dar nun mesmo espazo ou lugar.

Anuncios