Os clubs de bolos celta Xunqueira, Mañufe e Iniciadora, campións de liga

Club de bolos Xunqueira.

Finalizados os campionatos de liga galega de bolos celta, os clubs Xunqueira en primeira división, o club bolos Mañufe en segunda e o club bolos Iniciadora en terceira, son os novos campións da liga galega de bolos celta nas súas correspondentes divisións.

Así, en primeira o club Xunqueira proclamouse campión, descendendo a segunda división os clubs Peitieiros e Vilachán. En segunda o campión é o club de bolos Mañufe, que ascende a primeira xunto o club de bolos O Sobreiro, e descenden a terceira división os clubs Portameán A e o club Forcadela. En terceira división o campión de liga foi o club Iniciadora, que ascende a segunda división xunto co club bolos Baredo.

Dende a Federación felicitan a todos os equipos participantes no campionato de liga e especialmente aos equipos campións en cada unha das divisións.

Anuncios