Sin categoría

O proxecto #SéAuga do Club Marítimo de Panxón arranca con 78 inscritos

O proxecto náutico deportivo #SéAuga arranca con forza no Club Marítimo de Panxón. Un total de 78 inscritos nas distintas escolas náutico-deportivas están a gozar esta semana dunha nova experiencia náutica. #SéAuga pretende crear un sentimento que convide a nenos e maiores a gozar dos deportes náuticos. Co obxectivo prioritario de ser unha escola de aprender a gozar da auga, de aprender a gozar do mar, para despois aprender a gozar dos deportes náuticos no seu concepto máis global e multidisciplinar.

No estritamente deportivo #SéAuga é unha aposta definida polas escolas de vela lixeira, windsurf e piragüismo, ás que se incorpora como novidade a partir da próxima semana a de SUP ou Pádel Surf. A escola de vela lixeira cun total de 52 inscritos esta segunda semana de actividade é a opción elixida pola maioría dos nenos que descobren os deportes náuticos no Club Marítimo de Panxón. Aínda están a tempo de reservar praza para os cursos das próximas semanas no correo escuelas@cmpanxón.es.

E se queren inscribirse no campus municipal de deportes náuticos impartido do 22 ao 26 de xullo polo Club Marítimo de Panxón deben realizar a inscrición no Concello de Nigrán.