O programa “Larpeiros Diplomados” da TVG busca dous participantes de Baiona

O programa “Larpeiros Diplomados” da Televisión de Galicia busca dous participantes para o seu concurso que sexan de Baiona. Búscase a dúas persoas novas para participar no programa, que xa vai pola terceira temporada.

Unha persoa que saiba pouco ou nada de cociña pero que queira aprender, é dicir, un aspirante a Larpeiro Diplomado. E unha persoa que sí saiba cociñar, é dicir, un diplomado. Persoas de non máis de cincuenta anos, que non estean relacionadas co mundo da restauración a nivel profesional.

Trataríase da realización dunha receita co presentador, e logo convidar a un grupo de cinco amigos ou familiares a comer.

Se eres unha persoa dinámica, e gústache o mundo da televisión e dos concursos culinarios, non te podes perder esta oportunidade.

Máis información na OMIX ou no teléfono 986 385 921.

Anuncios