Baiona estrea estación meteorolóxica propia

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Estación meteorolóxica de Baiona.

Baiona conta xa con estación meteorolóxica propia en funcionamento. Está instalada no paseo da península de Santa Marta e conta con sensores de velocidade e dirección do vento, humidade, presión, choiva, temperatura interior do chan e tamén exterior. Para iso dotárona de dous sensores, un enterrado a 10 centímetros e outro a 10 metros de altura. A súa colocación está enmarcada dentro da iniciativa levada a cabo pola Consellería de Medio, Territorio e Vivenda que reforzará a rede composta por 150 puntos de medición mediante a construción de 12 novas estacións, ademais de 21 pantallas informativas das cales unha delas atópase desde fai máis dun mes no parque da Palma.

A iniciativa servirá ademais para levar a cabo con máis precisión as predicións meteorolóxicas en todo o territorio galego levada a cabo polo organismo dependente da Administración autonómica Meteogalicia, onde a través da súa web ou a súa aplicación móbil os usuarios poderán acceder a tempo real ás condicións climatolóxicas de cada momento.

A iniciativa contempla a instalación das estacións, algunhas finalizadas e outras en proceso, nos municipios do Valadouro, Forcarei, Riotorto, Mondariz, Porriño, Portomarín, As Neves, Monforte, Laxe, Baiona e Cospeito; mentres que as pantallas de información dispoñeranse nos municipios de Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Monforte, Verín, Ribadeo, Baiona, Lalín, Porto do Son, Ribeira, Sanxenxo, O Grove, Foz, Fisterra, O Cebreiro, Sarria e Melide.

Anuncios