Ferida unha muller tras envorcar o seu vehículo en Sabarís

Unha persoa resultou ferida este venres nun accidente ocorrido en Sabarís, en Baiona. Ás 7:55 da mañá un particular alertaba aos Servizos de Emerxencias de que se produciu un sinistro entre dous vehículos na rotonda do Xeneral Santos Peralba, na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, advertindo que un deles dera unha volta de campá, quedando apoiado sobre un costado, polo que podería haber xente atrapada no seu interior.

Ante este feito, desde o 112 deron aviso ao GES do Val Miñor e ao GES do Baixo Miño, ademais da Policía Local e Garda Civil. Unha vez chegaron ao lugar os bombeiros do Servizo de Emerxencias do Val Miñor, corroboraron que non había ninguén atrapado, xa que a muller que conducía o coche saíra polo seu propio pé. O condutor do outro vehículo, que se saltou o ceda o paso ao entrar na rotonda impactado no costado do Nissan e provocando o envorco, estaba ileso, polo que finalmente o GES do Baixo Miño non foi necesario e deuse aviso para que regresase á base.

A Policía Local e a Garda Civil cortaron a PO-552, ao tratarse dun impacto bastante aparatoso, desviando o tráfico pola Avda. Ladeira. A muller foi trasladada a un centro hospitalario en ambulancia, aparentemente sen lesións.

2019-06-28 - 65289047_2406151589449788_3080623507042729984_n

Anuncios