Maxín Teatro estrea “Federicas” na Capitanía Marítima de Baiona

Maxín Teatro, o grupo infantil da Aula de Teatro de Baiona, estrea este xoves 27 de xuño ás 22:00 horas na Capitanía Marítima a obra “Federicas”, baseada en textos dramáticos de xuventude de Federico García Lorca. O equipo formado por nenas entre os 11 a 14 anos leva todo o curso formándose e preparando a obra cuxa dramaturxia e dirección é de Mónica Sueiro.

Anuncios