O defensa xogador de 19 anos Agustín Casas González, convértese na terceira renovación do equipo de Víctor Santos. Formado no Gondomar FB e no Erizana, como sénior estivo no Tomiño, ata recalar no Gondomar CF a tempada pasada.
Agora, co obxectivo de volver a primeira, destacou que “renovei porque o Club deume moita confianza, o trato foi moi bo e estou moi contento aquí. Á afección dicirlle que espero que nos apoie para poder conseguir o obxectivo, a expectativa que temos todos en mente é o ascenso”.

