Ovalmi prepara a 9ª Feira de Oportunidades “Portobelo” na Ramallosa

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor -OVALMI- coa colaboración do Concello de Nigrán, está a organizar a 9ª Feira de Oportunidades do Val Miñor “Portobelo”, que se celebrará o domingo 21 de xullo no Parque da Ramallosa.

Dita feira é de carácter multisectorial, polo que poderán concorrer á mesma os negocios que así o desexen con independencia do sector ao que pertenzan. E iso co fin de promocionarse, reforzar o contacto con clientes habituais, xerar outros novos, liquidar stocks…

A feira contará con música ambiental e diferentes actuacións ao longo de toda a xornada. Ademais coincidirá coa celebración da competición lúdica “Frota como Poidas”, que atrae a numeroso público.

Dita actividade de dinamización comercial promocionarase mediante cartelería, cuñas de radio, así como en redes sociais. Os interesados en participar, deben poñerse en contacto coa Asociación de Empresarios OVALMI, a través do teléfono 986 36 67 30 ou por medio do correo asociacion@ovalmi.com, antes do 12 de xullo.