Aberto o prazo de admisión para ciclos formativos no IES Escolas Proval

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // IES Escolas Proval.

O IES Escolas Proval informa que xa se pode solicitar praza para o curso 2019-2020 nos ciclos formativos que se imparten no centro das familias de Electrónica (Mantemento Electrónico, Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos e Instalacións de Telecomunicacións) ou de Administración (Administración e Finanzas e Xestión Administrativa). O centro ofrece a posibilidade de realizar prácticas en empresas da zona ou en países da Unión Europea a través do programa Erasmus.

O prazo de admisión estará aberto desde o 24 de xuño ata o 2 de xullo e a solicitude pode realizarse vía web. Para máis información pode consultarse a páxina http://www.edu.xunta.gal/centros/iesescolasproval/ ou dirixirse á secretaría do centro en Av. Portugal 171 – 36350 Nigrán (Estrada PO340 Ramallosa-Gondomar), ou no teléfono 886 110 369.