O atacante de 29 anos Pablo Guldris Izquierdo, afincado en Vigo, convértese na terceira fichaxe do equipo de Víctor Santos. Formado no Matamá, Sárdoma e Coruxo, a súa etapa como sénior a fixo no propio Coruxo, no Castrelos, Goián, Chaín en dúas etapas, no Rápido Bahía, Xinzo e Tomiño, equipo do que procede.
Agora, co obxectivo de volver á primeira, destacou que “apostei porque Manu mostrou moito interese, explicoume o proxecto, que é moi ambicioso e pola xente que vai vir. O Gondomar é un equipo que xa ten experiencia en categorías importantes e decanteime polo interese mostrado persoal, e que desde o principio foron moi próximos. Despois o que máis me chamou a atención do Club, é que ademais de pasar un ano complicado, vexo que teñen moitas ganas de mellorar, de facer as cousas ben, e está todo como moi renovado. Tamén me gustou o feito de estar Manu co corpo técnico cando me estaban tentando convencer, o coñecelos e saber o que queren e as súas ideas, tamén é un incentivo. Á afección dicirlle que vou tentar dar o mellor de min, gozar e que se estamos todos xuntos, seguramente podamos alcanzar o obxectivo moito máis fácil”.

