Sin categoría

O XXIX Villa de Baiona de fútbol sala reúne a máis de 200 deportistas

A pasada fin de semana celebrouse no Pavillón Municipal de Deportes de Baiona a XXIX edición do Torneo Villa de Baiona de fútbol sala, organizado polo Baíña Fútbol sala e o Concello de Baiona. O evento reuniu a máis de 200 deportistas de diversas categorías, en masculino e feminino.

En categorías de minis a alevín o club estreou un formato de 4×4 en pistas reducidas, algo que foi moi celebrado polos técnicos de todos os equipos. O premio á deportividade este ano foi para o equipo arbitral. O Leis Pontevedra levou o premio á mellor afección do torneo, Alfonso do Futsal Morrazo foi elixido mellor técnico e nas únicas categorías que había finais, infantil e cadete, saíron campións A Quinta de Tui e o Panxón-Nigrán.