O venres 21 de xuño, o CEIP Plurilingüe Souto-Donas estrea a curtametraxe “O misterio do pistacho”. Será o broche final a un proxecto anual que levou a cabo todo o centro, un ano de cine en Donas, no que cumpriron o obxectivo inicial que se pretendía, amosar ao alumnado o mundo do cine con algo tan práctico como a realización dunha pequena película. Houbo que dedicar moitas horas, moito esforzo pero o centro está moi orgulloso do resultado final.
Faranse dous pases neste acto de presentación, que se fará no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. O primeiro será ás 10:30 para todo o alumnado e o segundo para as familias e público que queira asistir ás 11:30. Todos aqueles que queiran desfrutalo o poderán facer tamén a partires da semana que vén a través da páxina web do centro.

