Anuncios
Ticker de novas

Gondomar asina tres convenios anuais con entidades deportivas

O Concello de Gondomar asinou esta semana tres convenios anuais con entidades deportivas. Para formalizar a entrega destas subvencións nominativas, o alcalde Paco Ferreira, e a concelleira de Cultura e Deportes, Nuria Lameiro, recibiron na Casa Consistorial aos presidentes dos diferentes clubs beneficiarios. O Gondomar Fútbol Base recibirá 5.000 euros, o Club de Tenis Gondomar percibirá unha axuda de 1.600 e o Cereixa Fútbol Sala de 1.500.

Anuncios