O Gondomar CF ficha a Mario Costa

O atacante de 19 anos Mario Costa-Flores Moráis, afincado en Vigo, convértese na segunda fichaxe do Gondomar CF de cara a vindeira tempada. Iniciará a súa etapa sénior co equipo da Vila Condal, tras formarse nas categorías inferiores do Vigo 2015, Coruxo FC e Val Miñor, equipo do que procede dende o xuvenil división de honra.

Agora, co obxectivo de volver á primeira, destacou que “apostei polo Gondomar porque me chamou moitísimo a atención o proxecto deportivo, e a ambición de fronte ao futuro. Confiando moitísimo no proxecto, temos que quedar arriba de todo e ascender, outra cousa sería un fracaso”.

Anuncios