
Roberto Rodríguez, o home máis forte de España, realizará este sábado 15 de xuño unha exhibición en Gondomar na que tentará bater un record do mundo, aguantando a forza de 4 quads tirando del. Será ás 20:00 horas no marco da VIII Concentración Moto Club A Cento Cien, que se celebra durante toda a fin de semana nunha carpa instalada xunto o campo de fútbol de As Cercas. Antes, ás 18:30 horas, o Sarxento Daniel Castelo, da Garda Civil de Tráfico do Porriño, impartirá unha charla sobre seguridade viaria no Auditorio Lois Tobío, dirixida aos moteiros participantes no evento.