Vincios honra a Santa Mariña con cinco días de festa

FOTO: PEPE COSTAS

A parroquia gondomareña de Vincios celebra este fin de semana as festas na honra de Santa Mariña.

O venres 14 de xullo a partir das 18:00 horas haberá unha exposición de coches de rally, cros e clásicos. Ás 22:00 horas comezará unha gran churrascada amenizada pola charanga Vai de Baile e a partir das 23:59 horas actuará o DJ Chimo Cabrera.

O sábado 15 ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra da Virxe do Carme na Igrexa Parroquial, seguida de procesión ata a Capela acompañada polo grupo de gaitas Aires de Santes, que amenizará a Sesión Vermut xunto coas pandereteiras de Froleada e o grupo de baile Froles do Galiñeiro. Ás 21:30 horas, gran tirada de lumes, e pola noite, verbena a cargo da orquestra Ibiza Band e o grupo D’Moda.

O domingo 16 ás 10:00 da mañá entrará no torreiro a Banda de Música de Valladares. Ás 12:00 comezará a Misa Solemne seguida de procesión na honra de Santa Mariña acompañada pola mesma Banda de Música, que ofrecerá a continuación un concerto. Pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Olympus e o trío 3.com.

O luns 17 ás 10:00 fará entrada no torreiro a charanga Va Ka Pinta, que ofrecerá unha Sesión Vermut. Ás 12:00 celebrarase unha Misa Solemne na honra dos defuntos da parroquia, e pola tarde, ás 17:00 horas, terán lugar as tradicionais cucañas. A orquestra Capitol e o grupo Aramio serán os encargados de amenizar a verbena.

O martes 18 ás 12:00 horas haberá unha Misa Solemne, e pola noite, as orquestras Cinema e Ritmo Joven poñerán fin ás grandes festas de Santa Mariña.