A Asociación Chandebrito 1807 convida a todas as nenas e nenos a desfrutar coas “Brincadeiras Miudiñas” en Chandebrito o vindeiro domingo 16 de xuño a partires das 16:00 horas, da man de Cé Orquestra Pantasma e a Cooperativa Galega “Miudiño”. As actividades serán as seguintes: presentación do disco musical “A voar”; obradoiro de creación de xoguetes libre; e espazo de xogo libre, con brinquedos tradicionais. Será no Torreiro Vello de Festas do “Sobreiro”, a carón da Igrexa Parroquial de Chandebrito. No caso de inclemencias meteorolóxicas celebrarase na antiga escola infantil (Rúa da Igrexa, 2). A entrada é libre.
Brincadeiras Miudiñas en Chandebrito

