Fútbol e gastronomía no Gondomar CF para despedir a tempada

O Gondomar CF despide a tempada esta fin de semana con dous eventos o sábado 8 e o domingo 9, con aroma de fútbol e sabor gastronómico. No campo das Gaiandas dende as 10:20 da mañá, pasarán esta fin de semana máis de 400 deportistas de pequena idade nuns torneos de carácter internacional, e que contan con presenza de equipos das catro provincias galegas. Fútbol total onde todos mediranse en fases de grupos e eliminatorias posteriores, con fase de consolación incluída. Haberá agasallo para todos os clubs participantes.

Por outra banda, o sábado haberá unha gran churrascada á hora de comer, onde están animados a participar todos os veciños do Val Miñor. Entre outros produtos, tamén haberá hamburguesas de porco celta, directamente dende os mellores provedores do centro de Galicia. O domingo máis do mesmo, pero o prato forte será o polbo á feira, que dende as doce e media poderá ser degustado polos presentes.

Unha oportunidade de ouro para pasar a fin de semana en familia, e poder desfrutrar dos produtos da nosa terra, apoiando ao deporte miñorano.

Anuncios