Unha medalla de prata e dúas de bronce para a Sociedade Atlética Val Miñor no Provincial

A Sociedade Atlética Val Miñor segue sumando podios. Esta fin de semana no Campionato Provincial Escolar Alevín en pista e de Combinadas Infantil, disputado no Estadio da Xuventude do Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra, o club miñorano conseguiu outras tres medallas. Sergio Gil fíxose coa prata en Salto de Altura Masculino; Isis Acea conseguiu o Bronce en 500 metros Feminino; e Patricia Troncoso outro Bronce en Combinadas Tetrathlon Infantil Feminino.

Anuncios