Eixotolo organiza a I Romaría Gaiteira do Val Miñor en Camos

A Asociación Deportiva, Cultural e Benéfica Eixotolo, coa colaboración do Bar “A Camoesa”, a Asociación de Veciños de Camos e o Concello de Nigrán, organiza o sábado 8 de xuño no Torreiro de San Roque de Camos a I Romaría Gaiteira “No Val Miñor”. Será un día de festa con xogos tradicionais e comida a prezos populares. Os asistentes poden levar o seu instrumento e unirse ao grupo anfitrión, neste día onde se poderá gozar da nosa música, a nosa tradición e das nosas xentes. Pódese reservar a comida ata o martes 4 de xuño (porco ao espeto, auga ou viño, sobremesa e café por 15 euros) no teléfono 648 023 014. Tamén haberá unha andaina polos muíños da parroquia de Camos con saída ás 9:00 da mañá desde a Cafetería “A Camoesa”.

Anuncios