A Asociación “A Camoesa” organiza unha excursión á “Festa do Boi” de Allariz

A Asociación “A Camoesa” organiza o próximo 16 de xuño unha excursión á “Festa do Boi” de Allariz, con saída ás 9:30 da mañá desde o Centro Cultural de Camos. O prezo do autobús ida e volta é de 10 euros (15 euros para os non socios), e incluíndo a comida, 20 euros (25 euros para os non socios). As inscricións poden formalizarse ata o 7 de xuño nos teléfonos 661 921 026 (Jorge) ou 606 382 688 (Patri). Quedan 15 prazas para encher o autobús.