O CB Nigrán campión da fase de ascenso

O equipo sénior masculino do CB Nigrán proclamouse esta tarde campión da fase de ascenso conseguindo así unha praza na Segunda División para a próxima tempada. Aínda que queda unha xornada, na que terán que enfrontarse a Salesianos Vigo, matematicamente xa se proclamaron campións ao ser o único equipo invicto no que vai de fase.

O equipo nigranés tivo a opción de xogar esta fase de ascenso ao proclamarse campión de liga en terceira división. Esta é a segunda tempada que o CB Nigrán conta con categoría sénior desde que o club volveu á competición, tras un período de nove anos de inactividade. Un equipo formado por 13 xogadores entre os cales se atopan algúns que deron os seus primeiros pasos sendo tan só uns nenos nas filas do CB Nigrán fai agora case 20 anos.

Ao encontro desta tarde asistiron o alcalde de Nigrán, Juan González, e o concelleiro de Deportes, Luis Sanromán, que felicitaron ao equipo por todos os éxitos obtidos esta tempada.