Royal Celtic Bay bate record de candidatos nos exames oficiais do Trinity College London

Un ano máis o Trinity College London realizou os seus exames no centro examinador oficial de referencia do inglés do Val Miñor, Royal Celtic Bay, membro de FECEI (Federación Española de Centros de Ensino de Idiomas), baixo a dirección de Loreto Valenzuela Leyenda.

Coincidindo co 30 aniversario do seu primeiro centro en Baiona, este ano a escola Royal Celtic Bay bateu o seu record xa que tivo que realizar dúas convocatorias de exame ISE o mesmo día á mesma hora, unha no Liceo Marítimo de Baiona e a outra no seu propio centro Royal de Gondomar, dado o gran número de candidatos, que foron máis dun centenar, examinándose nas catro destrezas esixidas a nivel universitario para a obtención de calquera grao, nos niveis B1, B2 e C1.

Estes certificados convertéronse nun pasaporte para acceder a títulos universitarios, a bolsas de Erasmus, estudos de posgrao ou master, traballar na administración pública ou simplemente para optar a un posto de traballo mellor.

Os certificados de inglés ISE de Trinity College London están recoñecidos en España polo Ministerio de Educación, Cultura e Deportes (MECD) e, concretamente, o certificado ISE é recoñecido por todas as comunidades autónomas.

Este exame oficial do Trinity College London está calibrado externamente co marco común Europeo de referencia (EQF). O Trinity College London e os seus exames gozan da acreditación oficial de OFQual. Á súa vez os exames ISE forman parte do cadro de certificados para a acreditación de niveis da CRUE (Conferencia de Reitores das Universidades Españolas) e da ACLES (Asociación de Centros de Linguas no Ensino Superior).

Apostando sempre pola cultura, futuro e formación, a realización deste exame contou coa colaboración do Concello de Baiona, ACEBA, CCA La Real e o Liceo Marítimo de Baiona, que facilitou as súas instalacións.

Anuncios