Juan González compromete en Panxón humanizar o resto da rúa Mariñeiro e rúa Gaivota

Juan González, alcalde e candidato socialista de Nigrán, comprometeu no encontro desta noite en Panxón completar a humanización da segunda fase da rúa Mariñeiro (dende a rotonda ao porto, o tramo anterior realizouse neste ano) e da rúa Gaivota. Ademais, unha vez o Concello obteña a cesión da rúa Otero Pedrayo, avanza que se intervirá nesa vía para tamén humanizala por completo dotándoa de beiravías accesibles. «En canto a Xunta acepte a cesión interviremos nesa rúa de xeito inmediato, de feito xa temos un proxecto encargado por valor de 1 millón de euros», sinala González.

Dende o punto de vista cultural e patrimonial, os socialistas teñen como gran prioridade para o municipio a recuperación da contorna do Arco Visigótico e a repatriación do mosaico do Castro de Panxón, que se atopa actualmente nunha galería de New York coa que xa se iniciaron os contactos. No eido medioamiental González defende a posta en valor de Monteferro como espazo natural, un lugar onde o goberno creou con gran éxito o festival de música “Solpor” grazas á colaboración coa Comunidade de Montes, coa que reafirma o seu compromiso de traballar xuntos, así como a Asociación de Veciños.

Entre outras propostas os socialistas apostan por cubrir a pista polideportiva de Gaifar, renovar o acceso rodado do Paseo Marítimo, canalizar o Rego do Forno ou continuar co plan de asfaltados (nos vindeiros meses virán Pastora, Lousas, Redonda, Lagos e Seixo, neste último renovarase a rede de abastecemento).

Entre outras cousas, nestes últimos catro anos o goberno socialista renovou integralmente un tramo da rúa Mariñeiro, as beiravías da contorna do Pavillón (instalación que tamén foi rehabilitada) ou parque infantil de Panxón e Cansadoura, ademais, remodelouse a contorna do Cruceiro do Quinteiro e se empenderon diferentes asfaltados que proseguirán nun segundo plan. Ademais, gracias ao traballo conxunto con diferentes operadoras, Panxón disporá de fibra óptica antes de fin deste ano.

Anuncios