Sin categoría

Baiona acolle a clausura das ligas escolares do Val Miñor de fútbol sala e baloncesto

Esta fin de semana o Pavillón Municipal de Baiona acolle as finais das ligas escolares do Val Miñor 2018-2019, que se desenvolven dentro do programa do deporte escolar da Xunta de Galicia a través de Xogade e que se organizan a través da Concellería de Deportes de Baiona e a Agrupación Deportiva Escolar do Val Miñor.

O sábado día 25 de maio a partir das 10:00 xogaranse os últimos partidos da liga regular de fútbol sala nas categorías de Infantil, Alevín, Benxamín e Pre Benxamín. O domingo día 26 a partir das 10:00 xogaranse os últimos partidos da liga regular de baloncesto nas categorías de Alevín, Benxamín, Pre Benxamín e Babys.

Participaron distintos colexios do Val Miñor; IES Val Miñor, Anxo da Guarda, Sabarís, Cova Terreña, Belesar, Fontes, Serra-Vincios, Humberto Juanes, Estudio e Colexio A Guarda.

As distintas xornadas tanto de fútbol sala como de baloncesto acabarán cunha entrega de premios a todos os participantes e aclarando a clasificación xeral en todas as categorías. Co devandito acto a Concellería de Deportes de Baiona arranca cos peches das distintas escolas deportivas e dará pistoletazo de saída á oferta deportiva de verán 2019.