O candidato da formación independente Unión Centrista de Nigrán (UCN), Antonio Fernández Comesaña, expón a construción dun aparcadoiro subterráneo no centro urbano de Nigrán, dada a falta de prazas de aparcamento en superficie, o que está a se converter nun grave problema, non só para residentes senón tamén para o comercio. Con esta medida preténdese dar solución a unha problemática que vén agravándose nos últimos anos, ademais, axudará ao comercio local facilitando así as compras nos establecementos comerciais da contorna, co obxectivo de que no futuro poida consolidarse o centro urbano como un gran centro comercial aberto.
INFRAESTRUTURAS:
- Seguiremos demandando ante a Xunta de Galicia a supresión da peaxe da autoestrada na interconexión dos municipios do Val Miñor.
- Tamén esixiremos á Xunta que humanice os viarios autonómicos e abandonados polo PP, entre outros de:
– Rúa Otero Pedrayo (desde PO-552 á PO-325), que se atopa en lamentable estado e beirarrúas intransitables con perigo permanente para os peóns.
– PO-552 ao seu paso polos centros urbanos de: Nigrán e Ramallosa.
– A mellora da seguridade viaria na PO-325 Estrada pola Vía.- E á Deputación Provincial a ampliación e mellora dos viarios esquecidos polo PSOE durante a lexislatura:
– Estradas Provinciais Mallón-Areiña e Nigrán-Camos-Vincios.- Levaremos a cabo a humanización do camiño Vello-Nigrán (desde rúa dos Pazos ata PO-552), que o actual goberno foi incapaz de realizar a pesar de
- contar coa colaboración da maioría dos veciños afectados.
- Poñeremos en marcha actuacións de pavimentación camiños públicos en todas as parroquias e que se atopan moi deteriorados.
- Igualmente levaremos a cabo un plan serio de aforro enerxético substituíndo as antigas lámpadas de vapor de sodio por outras máis eficientes e de baixo consumo en LED.
- Completaremos a rede de iluminación en Priegue (camiño de acceso colexio Baleazas).
- Levaremos os servizos básicos de auga e rede de sumidoiros ás zonas que aínda non dispoñan, por ser un servizo fundamental.
- Colaboraremos coas Comunidades de Augas parroquiais en mellorar as súas instalacións, redes abastecemento, depósitos etc.
- Impulsaremos xunto cos operadores de telefonía actuacións para que a fibra óptica sexa unha realidade en Nigrán canto antes.
- Poñeremos en marcha a proposta de UCN e aprobada por unanimidade, para o soterramento de liñas aéreas de iluminación e telefonía en chan urbano, especialmente no litoral costeiro.
“O partido independente UCN traballará -se nos dan a súa confianza- para que Nigrán recupere a ilusión e o tempo perdido nestes catro anos de goberno do PSOE, que foi incapaz non só de aprobar o PXOM, nin tampouco de avanzar na modernidade, o progreso e o benestar dos veciños”, conclúe Antonio Fernández.

