O Gondomar CF despide a tempada cun triangular amigable e benéfico

O Gondomar CF despide o domingo a tempada cun triangular amigable co Gondomar FB e o ED Val Miñor. Ás 18:00 horas xogarán o Gondomar CF e o Gondomar FB; ás 19:00 o Gondomar CF e o ED Val Miñor; e ás 20:00 horas o ED Val Miñor e o Gondomar FB. O carácter da xornada será benéfico, en favor da Asociación Española Contra o Cancro. A entrada será gratuíta, e haberá petos de colaboración para a Asociación, do mesmo xeito que doarase integramente os cartos das rifas.

Anuncios