Gondomar acolle a III Feira Apícola e as IV Xornadas Técnicas do Val Miñor

A Praza do Concello de Gondomar acolle esta fin de semana a III Feira Apícola do Val Miñor, o sábado 18 de maio a partir das 16:30 horas, coa inauguración dunha exposición fotográfica, e o domingo día 19 durante todo o día. O sábado tamén se celebrarán as IV Xornadas Apícolas a partir das 17:00 horas, coas conferencias «Perspectivas de futuro da apicultura galega. A loita pola supervivencia das abellas» por Xosé Torres Romar, presidente de AGA, e «Os gardiáns do mel» por Ruth Villar. Ao remate haberá entrega de premios de debuxo ao alumnado dos colexios do Val Miñor. O evento está organizado por DAGA Rías Baixas e o Concello de Gondomar, coa colaboración dos Concellos de Nigrán e Baiona, Ovalmi e Stop Velutina.

Anuncios