O grupo de amigos de Gondomar coñecido como “Os Villanos” reuniuse de novo este sábado para homenaxear a dous dos seus membros pola súa xubilación, Basilio Iglesias, funcionario municipal, e Diego Viruel, profesor do Colexio Divino Salvador. Nesta ocasión acompañounos o alcalde, Paco Ferreira, así como o ex alcalde Ramón Sestelo e o Xuíz de Paz, Manuel Rodríguez, estes dous últimos pertencentes á peña.
“Os Villanos” é un grupo de amigos, todos de Gondomar e nados entre os anos 1948 e 1953, que creceron xuntos, e que sobre o 2003 decidiron que debían reunirse máis dunha vez ao ano con mesa, mantel e contar as súas historias, que teñen moitas. Ata entón, a pesar de vivir nun radio de 100 ou 200 metros, non se adoitaban ver a miúdo, só se xuntaban en certas ocasións como podía ser un funeral.
Acordaron poñerlle “Os Villanos”, como habitantes da Vila de Gondomar, e fixeron unha lista de 22 persoas, como un equipo de fútbol, deporte que xunto ao balonmán tamén lles uniu ao longo da súa vida. Desde ese momento, reúnense na primavera e no outono, para celebrar no Cuatro Caminos e no Vitrola estas comidas nas que lembran mil anécdotas, ademais de homenaxear aos membros que se van xubilando. Únelles unha profunda amizade e unha nostalxia sa daqueles anos na Vila Condal.

