Castro e Ladeira organiza o I Solidariquad en Baíña

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza o próximo sábado 25 de maio o I Solidariquad no Centro Cultural de Baíña. Será a 4ª edición do evento, aínda que con novo nome e traxecto, contando coa colaboración de Galaicosquad Val Miñor. Membros deste club xa colaboraron os primeiros anos. O obxectivo é que mozos e mozas con diferentes discapacidades, físicas ou psíquicas, desfruten dun día de lecer.

As actividades comezarán ás 10:30 da mañá, contando coa participación dos mozos e mozas do Centro Juan María, San Rafael, Cogami, San Xerome, Apamp, Alento, Aspanaex, Amencer, San francisco, Vontade, Esclavas de Mos, Fundación Menela e Andaina de Redondela. Pasarán un día de convivencia realizando actividades relacionadas co mundo do quad, facendo unha ruta pola mañá de 4 km, saíndo do encoro de Baíña e pasando por pistas de Baíña e Santa Cristina da Ramallosa, facendo un xantar de convivencia de 14:00 a 16:00 horas.

De tarde, no exterior do Centro cultural de Baíña, entregarán un agasallo a todos os participantes. Despois, ás 17:00 horas, poderán desfrutar das actuacións do paiaso Popin, o humorista Fredi Crujer e un grupo de gaitas.

Anuncios