O Colexio Estudio de Chandebrito gaña o II Encontro de Debate Escolar

Alumnos do Colexio Estudio gañan o II Encontro de Debate Escolar.

O Castro British School acolleu por segundo ano consecutivo o II Encontro de Debate Escolar, que se celebrou na mañá de hoxe nas instalacións deste colexio situado en Mos. O evento, organizado por CODE, patrocinado por WEDU Sociedad&Educación, O Castro British School e o Concello de Mos e a colaboración da asociación Retórica da Universidade de Vigo, congregou a máis de 70 escolares de ESO de sete entidades de Vigo e a súa área metropolitana, entre os que figuraron HH Carmelitas, O Castro British School, Colexio Estudio, Escola Rosalía de Castro, Inventiva Asociación ou Aldeas Infantiles. En total, participaron 32 equipos compostos por dous membros cada un, que mediron as súas habilidades de oratoria baixo a fórmula Debate Parlamentario.

Equipos do colexio anfitrión, O Castro British School, da asociación Inventiva e do Colexio Estudio foron os que conseguiron chegar ás roldas finais do encontro, que finalmente gañou un equipo do centro educativo de Chandebrito.

O evento contou coa participación do gran comunicador Roberto Pérez Marijuán, que ofreceu unha charla inspiradora a todos os asistentes, e do orador Iván Olmos, subcampión mundial de debate en español.

Ademais, no transcurso do evento fíxose entrega do premio ao finalista do I Concurso de Oratoria, dirixido a alumnos de 3º a 6º de Primaria matriculados naqueles colexios ou institucións que participaron no II Encontro de Debate Escolar, así como doutros centros escolares públicos, privados e concertados do Concello de Mos e área metropolitana de Vigo.

O Director do colexio, Mr. Nathan Parry, o tenente de alcalde Alberto Méndez, e Silvia Lobato, Presidenta de CODE, foron os responsables de entregar os premios aos finalistas.

2019-05-11 - Diploma de reconocimiento a todos los participantes_prensa
Diploma de recoñecemento a todos os participantes.
Anuncios