Máis de 700 maiores gozan da súa festa en Baiona

FOTO: PEPE COSTAS // Festa dos Maiores.

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Benestar, celebrou este xoves a Festa das Persoas Maiores, na que participaron máis de 700 persoas. O programa iniciouse ás 12:30 coa celebración dunha eucaristía na Capela de Santa Liberata. Ao finalizar o acto relixioso, os participantes gozaron dunha comida de irmandade, e a continuación, como en edicións anteriores, dun animado baile que se prolongou ata as 18:30 horas. Como en anos anteriores dispuxéronse varios autobuses para o traslado dos asistentes desde as distintas parroquias de orixe.

A mesa principal estivo presidida polo Alcalde, Ángel Rodal, e polo Conselleiro de Sanidade e Ex Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, así como doutros membros do equipo de goberno e da corporación municipal, como son Policarpo Vilar, José Ángel Bahamonde, Daniel García e Natalia Figueroa do PP, Carlos Gómez, Rafael Lores, José Ángel Rodríguez e Virginia Santos do PSOE, Silvano Montes de EU e a concelleira non adscrita María Iglesias, ademais do Párroco de Santa María, Manuel Salcidos.

Os participantes recibiron un pequeno obsequio de madeira co escudo do Concello de Baiona realizado, do mesmo xeito que en anos anteriores, polo alumnado do Centro Juan María.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.