
O Grupo Giro’s do Centro Cultural de Baíña e do Centro Cultural Atlántida de Matamá foi esta pasada fin de semana á Final Nacional do concurso de danza Anaprode, celebrada en Tarragona os días 3 e 4 de maio.
No obrigatorio de Clásico, Valeria Artos e Elena Arias conseguiron un segundo premio. No obrigatorio de Jazz, Elena Arias e Emma Figueiredo levaron outro segundo premio. María Rodríguez, coa coreografía «It’s not unusual», obtivo un primeiro premio.
Pola súa banda, Daniela Fernández Soliño fíxose cun primeiro premio con unanimidade coa súa coreografía «Tu canción» e un primeiro premio con felicitación do xurado no obrigatorio de Jazz. Ambos lle deron pase á Final Internacional do 5 de maio celebrada tamén en Tarragona, na que participaron Israel, Bélxica, Francia, España e Italia. Nesta última fase Daniela logrou un primeiro premio no seu baile libre e unha felicitación co obrigatorio de Jazz.