
O Club de Clásicos e Populares do Val Miñor celebrou este domingo a súa XVI Concentración Anual de Coches Clásicos. Desde as 10:00 da mañá os participantes fóronse concentrando na recentemente remodelada Praza da Paradela de Gondomar.
Seat 131E, 600 ou 1500, Wolkswagen Escarabajo ou Cabriolet, Renault 5, Seat Fura GL, Citroën 2CV, Ford Mustang, Mercedes 190 SL ou 350 SLC, Reanult Fuego, Jaguar E Type, Porche Carrera, Citroën GS Pallas, Ford Fiesta, Seat Panda, Fiat 128 Sport L ou MGC GT son algunhas das ao redor de 80 “xoias” que os curiosos que se achegaron puideron contemplar e capturar cas seus cámaras.
Pasadas as 11:00 horas saíron dirección Tomiño, onde visitaron acompañados dun guía o Santuario de San Campio de Lonxe, construído en 1804 sobre unha antiga capela dedicada a San Antonio de Padua, e na que destaca a súa fachada, as torres e o cruceiro situado no exterior. Tras pasar polo centro da Guarda dirixíronse pola estrada da costa cara a Santa María de Oia, onde tivo lugar a comida de confraternización.