
A Casa Colorida de Nigrán (Rosalía de Castro, 16) inicia este sábado día 4 a programación do mes de maio con Mónica Sueiro e o seu espectáculo “15 Minutos”, estreado o 13 de outubro no «Encontro de Mulleres Creando» no FITO. De aí xirou por espazos como Teatro Aforo, A Regadeira de Adela ou A Casa de Arriba. Agora, chega á Casa Colorida con dous pases, o primeiro ás 13:00 horas e o segundo ás 13:30.
SINOPSE
A Actriz solicita á Autora unha peza para ser representada. Un texto sublime que faga a súa vida soportable. Desexo cumprido. Un escenario, público e unha caixa con instrucións para construír unha escena. Só ten quince minutos e poden ser unha eternidade.
A achega é libre. Pasarase coma sempre un bote colaborativo onde cada quen pode achegar segundo as súas posibilidades e valoración. Coma sempre haberá petiscos e cervexa artesá do Val Miñor.