O Partido Popular de Gondomar dá a coñecer a súa candidatura ás eleccións municipais

O Partido Popular de Gondomar presenta publicamente aos compoñentes da súa candidatura ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio que encabeza Paula Bouzós Barros. A candidata amosou a súa satisfacción por conseguir reunir na candidatura a 27 persoas de todas as idades, representan a todas as parroquias, “con unha gran capacidade de xestión, comprometidas coas necesidades e co futuro de todos os veciños, e que conseguirán unha maioría que lles permitirá gobernar no concello de Gondomar”.

“Presentamos unha lista renovada e conseguimos reunir nesta candidatura persoas moi cualificadas, que abranguen todos os sectores da sociedade e que formamos un bo equipo de traballo novo e unido. Todas as parroquias están representadas na nosa lista, e por iso todas serán escoitadas”, comentaba a candidata Paula Bouzós.

Acompañan a Paula Bouzós nos primeiros postos, Julio Fernández de Vincios, Simón Domínguez de Peitieiros, Francisco Salgueiro de Gondomar, Ana Belén Miniño de Donas, Jesús Chamadoira de Morgadáns, Beatriz Bas de Mañufe, Beatriz Salgueiro de Chaín, Melchor Ángel Jorge de Borreiros e María Dolores González de Couso. Seguinlles por orden de lista Víctor Manuel Muñoz, Carlos Rodríguez, María Jesús Martínez, Fernando Cano, Mercedes Gómez, Adolfo Correa, Eva Semeda, María Concepción Agras, María Paz Rodríguez, Antonio Casal, Ángel Pérez, Francisco Miguel Martínez, María Dolores Iglesias, Samuel Estévez, Juan José Salgueiro, María del Carmen Arias e Emilio Dios

Presenta tamén a renovada candidatura á Entidade Local Menor de Morgadáns encabezada por José Antonio Ramilo Prieto e como suplentes Juan José Salgueiro, Javier Domínguez e María del Carmen Arias, “persoas todas elas con un proxecto común para Morgadáns e con capacidades e gañas de traballar pola parroquia”.