Manifesto Miñor – En Marea propoñerá un debate a sete en Nigrán

Manifesto Miñor – En Marea propón en Nigrán un debate aberto que sexa gravado e emitido a través das redes sociais do Concello. Manifesto Miñor -En Marea trasladará esta proposta aos demais partidos políticos ca fin de realizar un debate que permita á veciñanza coñecer os proxectos de cada organización de forma detallada.

Manifesto Miñor -En Marea considera que a realización dun debate é un exercicio de calidade democrática e agarda que os demais partidos apoien esta proposta. Segundo MM-En Marea, debe ser un debate aberto, gravado e emitido en streaming. Ademais debería permanecer ao alcance de toda a cidadanía na web do Concello.

Anuncios