O Baíña xoga este mércores a Copa Preferente Galicia ante o Verín

FOTO: BAÍÑA FS // Equipo xuvenil.

O Baíña xogará mañá mércores 1 de maio o partido de Copa Preferente ante o Verín FS de Ourense. O club baionés recibe aos ourensáns no Pavillón de Baiona a partir das 19:00 horas. A Copa Galicia dispútana os dous primeiros equipos dos grupos de Preferente, Norte e sur, e os gañadores xogarán unha Final Four a principio de xuño, este ano na cidade de Lugo.

O Baíña FS sitúase en segunda posición da liga regular con tan só 4 xornadas en xogo, que se disputarán neste mes de maio, dous partidos en casa e dous fóra.

En canto á base este sábado ás 12:00 os xuvenís xóganse en Baiona a primeira posición da liga ante o Valladares, os xuvenís baioneses están a facer unha gran campaña.