Sin categoría

Esquerda Unida presenta unha emenda á totalidade aos orzamentos de Baiona

Unha vez analizados os orzamentos municipais para o ano 2019 do Concello de Baiona, o Grupo Municipal de Esquerda Unida-Son fai unha emenda a totalidade dos mesmos baseada, por unha banda nas numerosas excepcións feitas polo organismo de Intervención, e por outra na política de gastos amosada nos mesmos e que non dan pulo ás demandas da maioría social da Vila.

Como exemplos, Silvano Montes destaca o incremento da partida para gastos de publicidade e propaganda en relación co ano anterior, e a escasa asignación para investimentos reais con fondos propios que supón o 1,39% do total de gastos.

“Polo tanto propomos a devolución dos orzamentos, e que se realice por parte do goberno municipal unha nova proposta de orzamentos que recolla as modificacións indicadas na emenda”, o voceiro de Esquerda Unida.

EMENDA PRESENTADA POR ESQUERDA UNIDA