23 establecementos participarán na oitava edición do concurso “BaideTapas”

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Concellería de Turismo do Concello de Baiona organiza en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios (Aceba), a oitava edición do concurso “BaideTapas” por Baiona, que se celebrará desde o 9 de maio ao 2 de xuño. Esta iniciativa xurdiu hai xa 8 anos, con intención de incentivar e promocionar a gastronomía da Vila.

Un total de 23 establecementos de todo o municipio, 2 máis que o ano pasado, elaborarán 23 tapas diferentes que servirán a un prezo popular de 2,5 €, ou 3’90 € combinado cun dos viños dos patrocinadores da campaña: Bodegas Regina Viarum, Bodegas Pazo de Villarei, Pernod Ricard Bodegas e distribuidor Disgobe Selección de Viños. Nesta edición, os consumidores poderán degustar catro tipos de viño, ademais dos xa habituais Albariño, Rioxa e Mencía, engádese un Ribeira do Douro.

Entre os consumidores que voten as tapas, e consigan un mínimo de 6 selos, sortearanse máis de 23 premios tales como ceas, estancias, lotes de viño,… ademais dun primeiro premio que será unha “Estancia con experiencias nas Villas Marineras -Asturias e Cantabria-” (para dúas persoas).

A tapa que consiga unha puntuación media máis alta levará o “Premio á Mellor Tapa 2019”, que o ano pasado conseguiu “Cañita Brava”, elaborada por Mesón Fonte de Zeta.

Os establecementos participantes nesta edición son os seguintes: A de Sabas, Agora de Nyx, Bar Elysées, Bar Kchote, Bar Xacoba, Bay One, Cafetería Anunciada, Camu Camu, Central Park, Ecoadega, Estación Marítima Baiona, Jaqueyvi, La Crep, La Mini, La Taberna del Pintor, Mesón Fidalgo, Olivando, Parador De Baiona, Pub Coctelería Bibendum, Queimada Gastrobar, Recuncho Mariñeiro, Restaurante-Cafetería Monterrey e Tapería O Rincón.

Para a difusión do evento, realizarase unha importante campaña de promoción en diferentes soportes publicitarios da área de influencia de Baiona, tales como valos, rotulación en autobuses de Vigo, cuñas de radio, medios escritos e dixitais, etc.

Anuncios