Sin categoría

Mitin de En Marea en Gondomar

En Marea dará a coñecer este xoves 25 de abril as súas propostas á veciñanza de Gondomar, coa posibilidade despois de debater, preguntar, propoñer… O acto será ás 20:00 horas no Auditorio Lois Tobío e participarán Antonio Araúxo, candidato á alcaldía de Gondomar, e o número dous por Pontevedra, Manuel Moreira, médico de familia e activista de SOS Sanidade Pública.