UCN denuncia ante a Xunta Electoral a celebración dos Premios Nigrán en xornada de reflexión

O portavoz da formación independente Unión Centrista de Nigrán (UCN), Antonio Fernández Comesaña, presentou denuncia ante a Xunta electoral de Zona para suspender a entrega dos “VIII Premios Nigrán 2019”, prevista para o vindeiro sábado 27 ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, por coincidir coa xornada de reflexión para as eleccións xerais, e que tamén puidese interferir nas próximas municipais, aprazándoo para datas posteriores. Segundo Fernández Comesaña, “resulta conveniente atrasalo ata despois dos comicios electorais e evitar calquera tentación na utilización partidaria do evento”.

UCN tomou a decisión ante a deslealdade Institucional levada a cabo polo alcalde Juan González, como consecuencia da recente entrega de premios na I Gala do Deporte, e para evitar que puidese ter a tentación de politizalo, “e polo respecto que nos merecen os galardoados, para non ter que verse involucrados nun acto que puidese non respectar a independencia e imparcialidade das Institucións Públicas ao coincidir en véspera das eleccións xerais e tamén en plena precampaña das municipais”.

UCN tamén denunciou ante a Xunta Electoral o acto celebrado o pasado sábado como consecuencia da entrega de premios con motivo de “I Gala do Deporte en Nigrán”, pola posible utilización “partidista” e con fins electorais dos recursos públicos, a fin de que se procede, ábrase expediente sancionador ao actual alcalde Juan González e tamén candidato ás eleccións municipais polo PSOE, por posible infracción da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral.

UCN quere poñer en valor o mérito tanto dos deportistas homenaxeados, como os galardoados para a entrega dos Premios Nigrán 2019, “xa que as críticas que o noso grupo formula unicamente van dirixidas ao goberno local e como máximo responsable ao alcalde Juan González, e facémolo, polo respecto que nos merecen tanto os galardoados como os seus familiares, que non deben ser obxecto de instrumentalización política de ningún tipo”, conclúe o portavoz independente.

Anuncios