Mitin do Bloque Nacionalista Galego no Auditorio de Nigrán

Dentro da campaña das Eleccións Xerais 2019, o BNG organiza mañá martes 23 de abril, ás 20:15 horas, un acto público no Auditorio Municipal de Nigrán coa presenza de Guillerme Vázquez, ex portavoz nacional do BNG e que pecha a candidatura ao Congreso pola provincia de Pontevedra, e Cecilia Pérez, anteriormente portavoz municipal da formación en Redondela e candidata ao Senado.

Introducirá o acto e aos intervenientes, Xavier Rodríguez, que encabeza a candidatura nacionalista nas eleccións municipais, expoñendo a necesidade, tamén para Nigrán, de que o Bloque Nacionalista Galego recupere a representación no Parlamento Español.

Anuncios